Volver

De aquí para alá

Con motivo do Día Europeo das Linguas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición das familias e da comunidade educativa un proxecto didáctico e musical para público infantil pensado para o achegamento a outras culturas e linguas desde o idioma galego.

Creado pola pedagoga da Linguaxe e a Educación Musical Lydia Botana, o proxecto conta con 21 cancións acompañadas de animacións e coreografías para bailaren os nenos, uns temas que nos levan nunha viaxe musical polo mundo para coñecermos os seus instrumentos e as súas melodías (jazz, rap, samba, reggae, ska, clásica, tradicional balcánico e galego, pop...).

As cancións están gravadas por Lydia, que canta e toca máis de 30 instrumentos musicais diferentes, e conta cunhas colaboracións estrelas nalgunhas pezas coma seu pai Vitín na guitarra eléctrica, Xabier Díaz nas percusións, Javier Cedrón ao violín, Guilhem Lacadée na trompeta e Pedro Lamas ao saxofón soprano.