Volver

Festival do Brindo

Centro: CEIP Pobra de Brollón (Lugo) e IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra)
Curso: 2017-2018
  • CEIP Pobra de Brollón

    CEIP Pobra de Brollón

O CEIP da Pobra de Brollón e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces celebraron o pasado 5 de abril, na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra de Brollón, o Festival do Brindo, aberto a toda a comunidade educativa , coa intención de dar a coñecer esta modalidade de improvisación oral. A xornada organizárona de xeito que pola mañá os cativos e cativas coñeceron lugares de ambos os concellos e tomaron contacto coa regueifa. Logo, pola tarde, participaron nun pequeno obradoiro de improvisación previo ao festival no que se cantaron brindos e regueifas. Unha actividade marabillosa para traballar a oralidade nun centro!