Volver

II Premio de Poesía Estratosférica

Centro: IES Plurilingüe Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros, IES Xelmírez II de Santiago de Compostela, IES Ferrol Vello de Ferrol, CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda (A Coruña), IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra)
Curso: 2018-2019

Con motivo do lanzamento da sonda estratosférica MarumaSat IV, a Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA) convoca, en colaboración cos institutos IES Plurilingüe Maruxa Mallo, IES Miraflores, IES Marco do Camballón, IES Xelmírez II, IES Ferrol Vello e o CPI Plurilingüe O Cruce este singular concurso de temática cósmica. Pode participar alumnado da ESO e bacharelato de todos os centros públicos galegos. As obras, dunha páxina como máximo, deben presentarse ata o 15 de marzo.