Volver

Premios aRi[t]mar galiza e portugal 2020

Centro: EOI Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019-2020

Acaba de comezar a segunda fase de aRi[t]mar galiza e portugal 2020. Desde o 18 de febreiro ata o 17 de marzo podedes emitir os vosos votos virtuais para elixir a mellor canción editada no ano 2019 aquén e alén do Miño. Por Galicia escolleranse cancións de: Ataque Escampe, Baiuca, Davide Salvado, García Mc & Nación Quilombo, Guadi Galego, MJ Pérez, Najla Shami, Narci Rodríguez dA Trío, Sabela e Terbutalina. Por Portugal, composicións de: Ana Bacalhau, António Zambujo, Bárbara Tinoco, Cláudia Pascoal, ELAS, Isaura, Miguel Araújo, Tiago Bettencourt, Tiago Nacarato e Paulinho Moska e Xutos & Pontapés. As persoas interesadas en participar poden coñecer todas as cancións nomeadas e votar en https://aritmar.gal/edicion-2020.php.