Volver

Maios nas xanelas

Centro: CPI de Atios, Valdoviño (A Coruña)
Curso: 2019/2020

Desde o CPI de Atios ofrécennos unha alternativa moi imaxinativa á tradicional festas do maios. O profesorado deste centro proponlle ao seu alumnado que adorne as xanelas da casa, faga unha alfombra no corredor ou mesmo un maio no xardín, se vive na aldea. Como complemento da actividade, non poden faltar as coplas típicas desta celebración para cantar coa familia.