Volver

aRi[t]mar galiza e portugal

Centro: EOI Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2021-2022

O vindeiro mércores, 27 de outubro, terá lugar no auditorio de Galicia a gala de entrega de premios de aRi[t]mar galiza e portugal, un certame organizado pola EOI de Santiago de Compostela e apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxecto de divulgar a música e a poesía galegas e portuguesas actuais. O evento contará coa presenza das galardoadas nas diferentes categorías: Guadi Galego (mellor canción galega), Cláudia Pascoal (mellor canción portuguesa), Rosalía Fernández Rial (mellor poema galego), Márcia (mellor poema portugués). Tamén se premiará a José Viale Moutinho (premio especial do xurado á Embaixada da Amizade Galego-lusófona).

As entradas serán libres e gratuítas ata completar capacidade máxima do local e poderanse retirar a partir do 25 de outubro en: www.compostelacultura.gal