Volver

OlloBoi 2022

Centro: Asociación Olloboi - IES A Cachada, Boiro (A Coruña)
Curso: 2021-2022

A Asociación Olloboi promove, un ano máis, o Festival de Cine Escolar Olloboi. Neste certame pode participar toda a comunidade educativa dos centros educativos galegos (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente etc.). As persoas interesadas deberán enviar as súas pezas á plataforma olloboi.com. O prazo de inscrición das pezas remata o 24 de maio.

Por outra banda, o venres 10 de xuño realizaranse outras iniciativas; de 10.00 h a 14.00 h celebrarase a Muchachada 4x4, un encontro entre cineastas, escolas e veciñanza de Boiro do que xurdirán micropezas realizadas nesa mesma mañá. Pola tarde será o festival, coa xuntanza de participantes, música e a tradicional entrega de premios.

Alén destas actuacións, no web da entidade pódense atopar moitos materiais didácticos para usar na aula, así como unha escolma das curtas que participaron no concurso nos últimos anos.