Volver

VI Concurso O ollo de vidro

Centro: EOI de Vigo, IES Castelao (Vigo), IES Pino Manso (O Porriño)
Curso: 2021-2022

Este concurso, que xa vai pola sexta edición, conta coa colaboración do Festival de Cans e as bibliotecas municipais de Vigo e O Porriño.

O seu obxectivo é fomentar hábitos lectores entre a cidadanía e promover o uso do galego mediante traballos audiovisuais que inclúan críticas literarias, booktrailers ou calquera proxecto de animación á lectura.

O prazo para presentalos remata o 23 de abril.