Thíasos editorial
Centro: IES Espiñeira, Boiro (A Coruña)
Curso: 2021-2022
Curso: 2021-2022
O EDLG do IES Espiñeira de Boiro desenvolve un ambicioso proxecto editorial que consiste en facer traducións ao galego de clásicos da literatura universal, por exemplo, unha escolma de cantares sefardís vertidos desde o ladino e un extracto do Finnegans Wake –a obra intraducible por antonomasia– desde o inglés. Xa contan con varios volumes das tres coleccións: Invisíbeis, Inesquecíbeis e Inesgotábeis.