Volver

I Congreso científico IES Antón Alonso Ríos

Centro: IES Antón Alonso Ríos, Tomiño (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O IES Antón Alonso Ríos acometeu a organización dun auténtico congreso científico en galego de catro xornadas de duración. O traballo abrangueu desde carteis, agasallos artesanais para as persoas relatoras, formularios de inscrición, marcapáxinas e chaveiros ata as enquisas finais de valoración con códigos QR. E, xaora, as conferencias de especialistas, as exposicións e mais as comunicacións do alumnado sobre diversas temáticas científicas. Parabéns por esta homenaxe tan profesional á ciencia en galego!