Volver

O tronante de Monte Medela

Centro: CEIP Plurilingüe Bragade, Cesuras (A Coruña)
Curso: 2021-2022

A representación da zarzuela galega para nenas/os O tronante de Monte Medela é resultado final dun traballo de investigación enmarcado no Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística O Camiño de Santiago como eixe dinamizador e concienciador da lingua galega, de transmisión do patrimonio cultural e histórico galego e elemento transversal educativo do CEIP Plurilingüe Bragade de Cesuras.

O libreto está baseado nunha lenda local recollida polo alumnado e o espectáculo, que foi representado e cantado por este e polo profesorado do centro, contou con música orixinal do mestre de música, Israel Arranz.