Volver

X Campaña de etiquetado "Bicos a moreas"

Centro: CEIP do Foxo, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

O EDLG do CEIP do Foxo acaba de presentar (e xa van 10 edicións!) a súa campaña de etiquetado en galego "Bicos a moreas", destinada a todo o comercio da contorna, para que os agasallos do Nadal luzan na nosa lingua. Cada curso o alumnado elabora con moita ilusión novos deseños e mensaxes para estampar nos 15.000 adhesivos, ás veces inspirados no proxecto de interese que están a desenvolver.