Volver

Pandeirada (Videoclip sobre o poema "Pandeirada" de Florencio Delgado Gurriarán)

Centro: IES Marco do Camballón, Vila de Cruces (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

"Pandeirada" é un videoclip realizado polo IES Marco do Camballón e presentado o 21 de decembro na Casa da Cultura do Milladoiro de Ames. Baséase nun poema de Florencio Delgado Gurriarán ao que este centro, xunto co IES do Milladoiro lle renderon unha homenaxe o curso 2021-2022 mediante o proxecto O poeta que baila, iniciativa que recibiu un premio de innovación educativa en dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Dirixido pola alumna Nerea Fiúza, é o resultado dun proceso de creación do alumnado e profesorado do centro e o recoñecido cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional Xabier Díaz, o autor da música.