Volver

Premios Irmán Reboiras 2023

Centro: Escolas Católicas de Galicia
Curso: 2022 - 2023

Coincidindo co remate da XIX Xornada de Normalización Lingüística, Escolas Católicas de Galicia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, recoñeceu o labor dinamizador dos centros pertencentes á súa organización cos Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego.

Este ano os dous colexios galardoados foron o CPR Plurilingüe Compañía de María da Coruña polo seu proxecto de relatos solidarios CompaContos, e mais o CPR Fillas de María Inmaculada de Vigo por Saca a lingua a pasear, un interesante traballo sobre fraseoloxía popular.