Volver

CompaContos, repartindo sorrisos

Centro: CPR Plurilingüe Compañía de María, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Iniciativa solidaria que xorde da colaboración do CPR Plurilingüe Compañía de María da Coruña coa aula do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera. O traballo tradúcese na elaboración de libros personalizados que pretenden alegrar a estadía das nenas e nenos ingresados neste centro hospitalario. O proxecto foi galardoado na última edición dos Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego que promove Escolas Católicas de Galicia, co apoio da SXPL.

Unha mostra de fraternidade que nos convida a reflexionar sobre as relacións humanas nestes días previos á conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.