Volver

A Festa da Pita das Eiroás

Centro: CEIPP Bragade, Oza-Cesuras, CEIP R. Otero Pedrayo, A Laracha, CEIPP Manuel Murguía, CEIPP Ramón de la Sagra, CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP Salgado Torres (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

A Festa da Pita das Eiroás de Ourense foi o tema escollido polo profesorado dos CEIPP Bragade, CEIP R. Otero Pedrayo, CEIPP Manuel Murguía, CEIPP Ramón de la Sagra, CEIP E. Pardo Bazán e CEIP Salado Torres para celebrar o Entroido deste curso.

Alén de achegarnos unha breve explicación sobre esta festividade, o traballo tamén inclúe xogos (encrucillado, labirinto, crebacabezas…), exercicios de comprensión escrita e actividades manuais para os máis pequenos.