Homenaxe a Castelao
Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Entre as accións desenvolvidas no IESP Eusebio da Guarda para conmemorar o Ano Castelao está a homenaxe colectiva que se lle rendeu neste instituto coruñés ao remate de 2025. Ademais dun percorrido pola biografía e pola obra do célebre rianxeiro, tamén se presentaron traballos realizados polo alumnado e se proxectou o filme Antes de nós. Así mesmo, cómpre destacar a actuación musical do coro e das cantareiras que interpretaron cantigas, coplas e, como non, a inesquecible "Lela".