Volver

III Premio de Poesía Estratosférica

Centro: IES Plurilingüe Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros, IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela, IES Ferrol Vello de Ferrol, CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda (A Coruña), IES Marco do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

Con motivo do lanzamento da cápsula MarumaSat V, a Axencia Espacial Escolar Galega NOSA convoca, en colaboración cos institutos IES Plurilingüe Maruxa Mallo, IES Miraflores, IES Marco do Camballón, IES Arcebispo Xelmírez II, IES Ferrol Vello e o CPI Plurilingüe O Cruce, este singular concurso poético de temática cósmica. Pode participar alumnado da ESO e bacharelato de todos os centros públicos galegos. As obras, dunha páxina como máximo, deben presentarse ata o luns 16 de marzo.