Actividades de Rosalía
Centro: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
A conmemoración do Día de Rosalía foi un acontecemento moi especial para todas as nenas e os nenos do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, tanto de educación infantil como de educación primaria. Entre as actividades desenvolvidas atopamos distintas obras plásticas, interpretacións musicais, recitado de poemas e ata un roteiro dedicado á autora. Velaquí unha mostra.