Certame aRi[t]mar galiza e portugal
Curso: 2025-2026
Despois de rematar o prazo para seleccionar as mellores cancións galegas e portuguesas do ano 2025 propostas na primeira fase deste concurso promovido pola EOI de Santiago de Compostela co apoio da SXL, xa coñecemos as pezas gañadoras.
Así, o público participante nas votacións decidiu que Será por flores, de Uxía, fose elixida a Mellor Música do 2025 en Galicia e MENINA, de MAR en colaboración con Carolina Deslandes, como a Mellor Música de 2025 en Portugal.
As cancións que acadaron o podio en Galicia, en segundo e terceiro lugar, foron Todos contra min, dos Ulex, e Perdín a memoria, de MJ Pérez. No ámbito do territorio luso, a segunda e terceira clasificadas foron Brinde (16h00), de Carolina Deslandes, e Respirar, de Calema en colaboración con Sara Correia.
As dúas gañadoras, Uxía e MAR, recollerán o seu premio na gala aRi[t]mar 2026, que será celebrada este outono en Santiago de Compostela.