Volver

Mulleres do mar

Centro: CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Homenaxe ás mulleres do mar organizada polo CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Experiencias contadas por peixeiras, praceiras, redeiras, por unha capitá de vela, unha controladora marítima, unha mariñeira ou unha profesora de Náutica dan conta da importancia das figuras femininas neste eido en Galicia.