Actividades sobre Bernardino Graña "O poeta do mar", no Día Mundial da Poesía
Centro: CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Co gallo do Día da Poesía (21 de marzo), o alumnado de 5º e 6º do CEIP da Espiñeira-Aldán achéganos esta excelente presentación dixital arredor da vida e obra de Bernardino Graña, poeta que foi o seu ilustre veciño de Cangas.
Para este completo traballo elaboraron ilustracións, textos informativos cunha liña do tempo e un lapbook; audios con recitados dalgúns dos seus poemas; propostas de actividades e mesmo xogos interactivos como un encrucillado, un pasaletras ou un divertido cuestionario "explosivo".