Volver

#DESAFÍO72H

Centro: IES Rego da Trabe e IES Eduardo Blanco Amor, Culleredo (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Os equipos de dinamización da lingua galega do IES Rego da Trabe e do IES Eduardo Blanco Amor organizan o #DESAFÍO72H, un reto no que o alumnado de ESO e bacharelato escolarizado nestes dous institutos se compromete a falar galego durante tres días (10, 11, e 12 de maio).

A iniciativa, promovida por Nel Vidal, pretende fomentar o uso do galego de maneira positiva en todas as situacións da vida diaria da xente nova de Culleredo e segue os pasos do programa 21 días co galego e + da SXPL, coordinado por Pilar Ponte, como outras organizadas polos equipos de dinamización da lingua galega en centros de Carral, Moaña ou Teo.