Volver

Haikus e microrrelatos

Centro: IES de Barro (Pontevedra)
Curso: 2020-2021

Durante o tempo de encerro por mor da pandemia, o alumnado do IES de Barro, co apoio do EDLG, liberou a súa imaxinación para crear haikus e microrrelatos. Velaquí o resultado: un libro dixital, editado e distribuído tamén en papel entre a comunidade educativa. Nel recóllese unha pequena mostra dese fermoso e creativo traballo colaborativo de escrita e ilustración.