Volver

Libro de poetas

Centro: IES de Meaño (Pontevedra)
Curso: 2020-2021

O EDLG do IES de Meaño, dentro dun proxecto interdisciplinario que incluíu obradoiros de escrita ou visitas de autores, argallou a xenial idea de solicitar a colaboración de 15 poetas galegos do máis alto nivel, entre eles por exemplo Xosé Luis Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Rosalía Fernández Rial, Marga do Val etc. Cada un deles propuxo uns cantos versos que o alumnado tivo que completar e, ademais, amosou a súa opinión sobre a poesía galega actual. Os textos, xunto coas ilustracións tamén do propio alumnado, pódense ver nun libro editado en formato dixital e papel.