O caramanchón, onde as letras, as artes e as ciencias conflúen
		Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
O caramanchón, ese bastión da muralla da Pescadería por onde transitaban persoas e mercadorías, préstalle o seu nome a esta nova publicación do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña. Unha excelente revista que inclúe contidos diversos: dende pílulas científicas ou homenaxes a intelectuais como Johán Vicente Viqueira a traballos de creación literaria e artística, sen esquecer o humor e os pasatempos.
Parabéns a todo o alumnado e profesorado colaborador, particularmente a Dulce Férnandez, por facer realidade esta iniciativa e compartila co resto da comunidade escolar.