Volver

Centenario do pasamento de Florencio Vaamonde Lores

Centro: CPI Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Rematou o 2025 e con el as numerosas actuacións organizadas no CPI Cruz do Sar de Bergondo para conmemorar o centenario do pasamento de Florencio Vaamonde Lores. Unha merecida homenaxe que partiu deste centro educativo e se estendeu a boa parte da veciñanza e institucións da contorna. Entre outras actividades, está este completísimo álbum que nos explica, a través de fotografías, poesías etc., a biografía, o legado e os vínculos do autor coa súa parroquia natal, Ouces. Ao documento gráfico súmase un roteiro literario por estes espazos tan significativos na vida do autor, e un tríptico que inclúe unha selección dos seus poemas máis representativos.

Parabéns a Marta Pumares, por coordinar este excelente traballo, e a todo o profesorado, familiares e institucións que apoiaron a iniciativa co obxectivo de reivindicar esta destacada figura das nosas letras e que don Florencio non caia no esquecemento!