Cousas da nosa rapazada
Centro: CPR Calasanz-PP Escolapios, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
A emblemática revista Croa do CPR Calasanz-PP Escolapios da Coruña inclúe no seu último número un espazo dedicado ás «Cousas do nosa rapazada». Ao longo destas páxinas (28, 29, 30 e 31) atoparemos distintas versións das Cousas de Castelao con ilustracións e textos actualizados e adaptados ás problemáticas da sociedade actual. A publicación tamén recolle unha singular entrevista ao ilustre rianxeiro (páx. 20).
Parabéns a todos, profesorado e alumnado, polo traballo!