Volver

Botitic

Centro: Ceip de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2020-2021

Nestes tempos de pandemia e posibles teledocencias, é ben que o noso alumnado non adoeza polas TIC; por mor diso, no CEIP de Rubiáns xa contan co seu "botitic" con pílulas para sandar os pequenos males das videoconferencias, dos correos electrónicos ou das tarefas a distancia... Podedes enviar algunha, de o precisardes. Para iso, entrade nesta botica especial.