Calendario do 2023 "As nosas aves"
Centro: CEIP Cabada Vázquez, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2022-2023
Curso: 2022-2023
Todas as aulas deste centro participaron na elaboración do calendario do 2023, coa intención de dar a coñecer as nosas aves. Encargáronse de realizar unha obra plástica con cada unha delas e buscarlle poemas ou refráns acaídos. Velaquí tedes un vídeo onde o alumnado explica como se fixo e outro co resultado do vistoso traballo.