Volver

O tempo de Rosalía

Centro: CEIP Luís Seoane, Oleiros (A Coruña)
Curso: 2022-2023

Interesantísimo material do CEIP Luís Seoane de Oleiros que nos ilustra sobre algúns aspectos e curiosidades da época en que transcorreu a vida de Rosalía de Castro.

Saberemos cal era a roupa que vestían os homes e mulleres do seu tempo ou cales eran os medios de transporte e de comunicación que empregaban. Sen dúbida, un traballo que resultará moi útil para a coñecer mellor a poeta e a súa obra.