Volver

Cando un rei moi famoso foi tamén un trobador

Centro: IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Curso: 2022 - 2023

No marco do proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística A literatura galega á escena, recentemente galardoado, o alumnado e o profesorado do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras acordou crear e representar varias obras de teatro coas que fomentar o galego oral e, ao mesmo tempo, dar a coñecer as obras e figuras da literatura galega.

Agora poñen á disposición dos centros educativos Cando un rei moi famoso foi tamén un trobador, o primeiro dos guións, centrado na Idade Media. Enseguida publicarán tamén os seguintes.