Volver

Mes da Ciencia. A natureza

Centro: CEIP Plurilingüe de Andrade, Pontedeume (A Coruña)
Curso: 2022 - 2023

Logo dunha breve descrición da contorna do CEIP Plurilingüe de Andrade, o alumnado deste centro, acompañado das súas familias, vainos explicando, paso a paso, distintos experimentos. Coas súas demostracións podemos aprender a romper a tensión superficial dun líquido, simular un tornado nun frasco, facer tinta invisible ou comprobar como se contaminan os océanos a causa do aceite que tiramos.