Volver

A guerra das linguas

Centro: IES Martaguisela, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Curso: 2023-2024

No marco do proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística A literatura galega á escena, galardoado o curso 2022-2023, o alumnado e o profesorado do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras acordou crear e representar varias obras de teatro coas que fomentar o galego oral e, ao mesmo tempo, dar a coñecer as épocas, obras e autoras e autores da nosa literatura.

Xa temos a disposición dos centros educativos A guerra das linguas, o segundo dos guións, unha sorprendente distopía ambientada no ano 2630 na que os personaxes lembran os duros acontecementos dos Séculos Escuros e, ao descubriren o seu pasado, descobren tamén como poden reverter a situación.