Día de Rosalía 2025
Centro: CEIP Plurilingüe Bragade (Oza-Cesuras), CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Cidade Vella, CEIP Juana de Vega (Nós-Oleiros), CEIP Rosalía de Castro, CEIP Fogar (Carballo), CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha), CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Plurilingüe Sofía Casanova (Culleredo), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral), CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Xa está á disposición de todo o profesorado este excelente material didáctico sobre Rosalía de Castro elaborado por docentes dos CEIPP Bragade, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Cidade Vella, CEIP Juana de Vega, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Fogar, CEIP Ramón Otero Pedrayo, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIPP Sofía Casanova, CEIP Vicente Otero Valcárcel e CEIP Plurilingüe Manuel Murguía.
O traballo inclúe, entre outros contidos, un cartel en tamaño A4, exercicios de comprensión lectora e unha ampla variedade de actividades lúdicas (encrucillado, labirinto, taumatropo, dados...) moi útiles para celebrar o 23 de febreiro e dar a coñecer a figura e o legado da nosa ilustre poetisa entre o alumnado de infantil e primaria.