Volver

IV Concurso O Ollo de Vidro

Centro: IES Pino Manso, Biblioteca Municipal do Porriño, O Porriño (Pontevedra) IES Castelao, EOI de Vigo, Vigo, Biblioteca Municipal Neira Vilas, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2018-2019

Os equipos de dinamización da lingua Galega da EOI de Vigo, do IES Castelao, do IES Pino Manso de Porriño, xunto coa Biblioteca Municipal Neira Vilas e a Biblioteca Municipal do Porriño convocan o IV Concurso O Ollo de Vidro. Este certame enmárcase dentro do proxecto Recoméndoche un libro que ten como obxectivo dinamizar a lingua galega e animar á lectura. Entre as entidades colaboradoras figura tamén o Festival de Cans, onde se presentarán os vídeos gañadores.

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas e colectivos que o desexen, enviando un vídeo a recomendocheunlibro@gmail.com. Os traballos audiovisuais non deberán superar os 3 minutos de duración e terán que estar en galego. O prazo para presentar os traballos finaliza o 23 de abril.