Volver

Ao son do rural (canción)

Centro: IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas (A Coruña)
Curso: 2018-2019

A ritmo desta pegadiza música o alumnado do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas reivindica a dignificación do traballo da terra e dos labores do campo para que a mocidade de hoxe e as xeracións futuras poidan seguir vivindo na aldea e conservar o inmenso patrimonio material e inmaterial do mundo rural. Unha actividade enmarcada en Ao son do rural, un proxecto de centro que está dando moito que falar en toda a contorna.