Volver

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Centro: IES Pontepedriña, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019/2020

No blog do EDLG do IES Pontepedriña atoparedes esta interesante presentación sobre eminentes científicas que fixeron descubrimentos moi importantes no eido da física. Parabéns ao Dpto. de Física e Química e á profesora Socorro Liste por promover a actividade para celebrar o Día da Ciencia en Galego e o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.