Volver

Agasalla palabras

Centro: IES Pontepedriña, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019-2020

Nestes longos días de confinamento, o EDLG do IES Pontepedriña de Santiago de Compostela acaba de botar a andar a campaña Agasalla palabras, unha iniciativa que pretende recuperar léxico que está a piques de se perder. Cómpre facermos memoria, preguntarlle á familia, e despois presentalas ao gusto de cadaquén: debuxadas, decoradas, recortadas...