Volver

Cantigas con sabor medieval

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2019-2020

"Ondas do mar de Vigo", "Santa María Strela do Dia", "A feira de Scarborough" e "A dama de Shallot"... Aínda que a idea inicial era gravar estas cantigas medievais no Castelo de Monterrei, as circunstancias fixeron que o alumnado do IES Taboada Chivite tivese que mudar os plans e facer esta nova composición desde as súas casas. Mais de seguro que vos vai encantar e transportar á idade media.