Volver

Pílulas de entrevistas do programa ReTransmite

Centro: IES Pintor Colmeiro, Silleda (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

Nestas pílulas informativas, realizadas no marco do programa ReTransmite da Secretaría Xeral de Política Lingüística, as rapazas e os rapaces entrevistan os seus avós e avoas, en pequenos programas de TV que mostran a importancia da transmisión interxeracional, fundamental para conservarmos a nosa lingua, a nosa memoria, a nosa historia, as nosas raíces e a nosa identidade; en definitiva, para sabermos quen somos e de onde vimos.

Parabéns ao alumnado e profesorado que formou parte deste fermoso proxecto, en especial ao creador de Dona Dorinda, galardoada co premio á mellor pílula informativa.