Volver

A Coruña dos coidados (monicreques)

Centro: IES Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Teresa Herrera, Isabel Zendal... son algunhas das protagonistas desta singular peza teatral de monicreques montada polo alumnado do IES Eusebio da Guarda.  A través dos nomes de distintas rúas imos descubrindo a historia da Coruña dos coidados e das persoas que dedicaron a súa vida a mellorar as condicións sanitarias, non só dos habitantes da cidade herculina, senón tamén da humanidade enteira.