Volver

X Certame de Debuxo, Conto e Relato Falando de Solidariedade

Centro: CEIP Padre Crespo, Xunqueira de Ambía (Ourense)
Curso: 2022-2023

O EDLG do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, en colaboración co IES de Allariz o CEIP Padre Feijóo de Allariz, o Concello e a Casa de Cultura de Allariz, convoca por décimo ano consecutivo o X Certame de Debuxo, Conto e Relato Falando de Solidariedade, este ano coa temática “Historias solidarias de superación ante a adversidade”.

Neste certame de ámbito provincial, pode participar alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato de centros sostidos con fondos públicos de Galicia con debuxos, poemas, historias e contos.

O prazo de presentación de traballos remata o 22 de maio.