Volver

VI concurso de guións contra a violencia de xénero

A Deputación da Coruña convoca o VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero para concienciar e sensibilizar a mocidade e a poboación en xeral sobre as violencias exercidas sobre as mulleres. Esta nova edición céntrase especialmente na violencia económica e a discriminación do xénero feminino no eido laboral.

No certame poderán participar estudantes de entre 12 e 18 anos, individualmente ou en grupo, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga nos centros públicos da provincia da Coruña.

Os traballos non excederán as 4 páxinas e deberán presentarse por vía telemática na sede electrónica da Deputación da Coruña ata o 11 de decembro de 2019 ás 14.00 h.