“Dicionarios audiovisuais de ida e volta”, Agareso

Obradoiros que forman parte dun proxecto audiovisual dixital que amosa os camiños que compartimos con diferentes países e culturas a partir das historias de persoas que naceron neles e que agora viven connosco, en Galicia e en galego. Estas persoas explícannos a súa cultura a través dunha expresión na súa lingua que consideran clave e, ao tempo, escollen unha expresión galega que lles parece útil para coñecer mellor a nosa sociedade. Aprovéitase para falar dos seus países e, tamén, do proceso migratorio. O obxectivo é apreciar a diversidade e a diferenza, a solidariedade e a importancia da bidireccionalidade nas relacións Norte-Sur, reducindo os estigmas asociados á migración, co apoio do poder integrador das linguas. Os obradoiros intentarán trasladar todas estas experiencias ás aulas dos institutos galegos.

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

  • Data: 04/11/2021 Lugar: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) - 2 obradoiros
  • Data: 05/11/2021 Lugar: IES Fonmiñá (A Pastoriza) - 2 obradoiros
  • Data: 10/11/2021 Lugar: IES do Milladoiro (Ames) - 2 obradoiros
  • Data: 26/11/2021 Lugar: IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) - 2 obradoiros
  • Data: 29/11/2021 Lugar: IES Carlos Casares (Viana do Bolo) - 2 obradoiros