Mandados do Meco en pictogramas

Centro: CEIP Plurilingüe Concepción Arenal, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

En vésperas da celebración do Entroido nos centros educativos, o EDLG do CEIP Plurilingüe Concepción Arenal da Coruña fai pública a listaxe de mandados do meco, tamén en linguaxe pictográfica. Unha boa maneira de que todo o alumnado deste colexio, incluído o que ten dificultades de comunicación, se implique nestas actividades e goce dos preparativos da festa.

Ligazóns relacionadas