Etiquetado en galego "Bicos a moreas"

Centro: CEIP O Foxo, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Tal e como é habitual nestas datas de compras do Nadal, o CEIP do Foxo aproveita para espallar a nosa lingua a través dos comercios da vila e mesmo de fóra dela con etiquetas deseñadas polo alumnado. A creativa campaña, denominada "Bicos a moreas", nesta XII edición xira arredor do PDI do centro para este curso sobre arte, e dános a escoller entre múltiples mensaxes de bos desexos, como podedes ver.

Enlaces relacionados