Se puidese...
Centro: CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Curso: 2023-2024
Curso: 2023-2024
Versión en galego da canción de Antonio Flores No dudaría interpretada polo alumnado de primaria do CPI As Revoltas para festexar o Día Escolar da non Violencia e a Paz, que se conmemora cada 30 de xaneiro. Unha mensaxe de esperanza a prol do cesamento das guerras e a defensa da liberdade, que nos transmiten con todo o cariño as nenas e os nenos deste centro de Cabana de Bergantiños.