Volver

Mulleres na ciencIA

Centro: IES Nº 1 de Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Orixinal exposición de carteis sobre mulleres científicas que realizaron as alumnas e os alumnos de TIC de 1º de bacharelato do IES Nº 1 de Ribeira. A partir das instrucións e do deseño base proporcionado polo profesor Javier Otero, o alumnado deulles vida ás bandas deseñadas destas destacadas mulleres a través do emprego dunha nova ferramenta tecnolóxica, a intelixencia artificial (IA).