Volver

DígochoEu

Centro: IES Rego da Trabe, Culleredo (A Coruña)
Curso: 2024-2025

A partir duns versos de Rosalía e da palabra "rego" incluída no nome do instituto Rego da Trabe, o alumnado deste centro de Culleredo vai repasando vocabulario relacionado con este eido (rego, regueiro, regato, suco...) e explicando topónimos tan singulares como Acea de Ama. Un orixinal traballo que xa se atopa entre os finalistas do popular concurso DígochoEu.